Capítulo I
TEORÍAS E PROCESOS
Seguro que non tendes tempo para ler, non tendes por que facelo, podedes comezar noutro momento.
Ainda lembro relatos que eu escoitaba cando era neno.
Dicían os vellos que no comezo xa existían os sensores, eses sensores dos sentidos.
Non parecía desacertado pensar que os sensores tiveron que ser moi ben entrenados despois do nacemento e, dende sempre, xa existía a imaxe, existía o son, existía o olor, existía o contacto e tamén existía o sabor.
Semellaba que toda esa información sobre a materia e a enerxía era moi necesaria para alimentarse na vida e a recepción adecuada destes datos creaba inevitablemente a linguaxe satisfactoria.
Sí, era o rexistro repetitivo e mutable do relato sonoro o que estaba sempre presente no carro que arrastraba o gando da memoria e a representación gráfica das pegadas e dos sulcos das rodas aparecía nos distintos paramentos dos cobixos, nos lenzos en negro das habitacións humanas.
Ónde quedaba a variable do olor, a textura do contacto e o matiz do sabor?
Sí, estaba no rexistro arqueolóxico da memoria do alimento. No lume da lareira, no fume da chaminea, na pota, na gramalleira.
Atopei a chave nos procesos químicos e así foi como entendin a lingua do olfacto, a lingua do tacto e a lingua do sabor.
Existía unha acción repetitiva das funcións vitais que facía nacer constantemente a representación e a palabra.
A palabra era crear.
Crear era comunicar.
Comunicar era relación.
Relación era intercambio.
Por eso, a creación deste relato amosa os sedimentos da lingua, da cultura material e inmaterial nos ríos e os seus afluentes da liña do tempo e forma parte das diversas anotacións que as persoas fan nas follas dos cadernos de bitácora e que os seres humanos, sempre nómades nas augas, depositan nos areais da memoria colectiva, na viaxe da vida.
Así principiou todo.
Foi cerca do ano 1979 e a raíz dunha charla sobre a Prehistoria de Cangas no antigo Instituto de Rodeira, cando quedei interesado na materia do rexistro da memoria colectiva e entrei a formar parte do Grupo Arqueolóxico do Morrazo.
Todo esto é certo, verificable, podedes preguntar a calquera dos membros vivos dese grupo.
Neste grupo, tivemos a oportunidade de afondar na disciplina da Arqueoloxía coa formación necesaria e os que formábamos parte do grupo visitamos os xacementos arqueolóxicos do Morrazo.
Petróglifos, mámoas, asentamentos castrexos, cuncheiros, vivendas romanas, tégulas, castelos ou lendas e mesmo chegamos a traballar con sílex e a facer tecnoloxía en pedra para satisfacer as necesidades.
Realizamos igualmente tarefas de divulgación do patrimonio arqueolóxico tal e como se fixo naquela "Iª Mostra de Arqueoloxía " do Grupo Arqueolóxico do Morrazo no ano 1980 que seguro que alguén de vos ainda lembra.
Eu debuxara, daquela, axonometrías da vivenda romana de Pipín en Pinténs, no Hío que hoxe ainda está recuberta e que vos presento para ter na memoria.
Recreación en perspectiva liñal das estratigrafías da cata arqueolóxica.
Podedes ter unha idea mellor do que vos estou a contar abrindo este pequeno libro.
A PREHISTORIA DE CANGAS
PUBLICACIÓN DO GRUPO DE ARQUEOLOXÍA "ALFREDO GARCÍA ALÉN"
RP edicións
ISBN 84-404-0817-X
DEPÓSITO LEGAL VG-246-1987
Aló polo ano 1989 eu comezara os meus estudos de doutoramento en Arquitectura e a investigar e documentarme para a tese baixo a dirección do doutor arquitecto, natural do Carballiño. O traballo, en particular, versaba sobre o tema das mutacións na arquitectura, concretado e acoutado no caso de Galicia, esta circunstancia ten moito que ver coas estratigrafías.
Sí, os cambios que ocorren na sociedade humana quedan reflectidos na arquitectura, apaixoante investigación da que podemos falar noutro momento e seguro que falaremos, dádeme un tempo.
A base diverxente non paraba de crear.
Pero, continuemos o roteiro iniciado.
No ano 1992 andaba tamén moi interesado nas técnicas téxtiles, auténtica revolución intelectual, derivado dos cestos e canizos de carro que observara facer ao meu avó Manuel, carpenterio emigrado a Cuba, e foi así como comezei a traballar sobre temas de arqueoloxía, etnografía, pesca e arquitectura. Tiña tanta obra que decidin facer unha exposición extensa na Casa da Cultura de Cangas que se denominou "PERCIBIR, NIVEL MÚLTIPLO", mostra da que conservo algunhas pezas que darían para unha exposición homenaxe.
Nesta exposición había moitas referencias nacidas da miña etapa no grupo arquolóxico, había mulleres núas riscando coñecidos petróglifos da comarca, hipótese suxestiva da creatividade feminina.
Lembro que fai uns nove anos. cando eu traballaba en Monterei, Verín, nunha homenaxe ao arqueólogo de Cualedro no Instituto Castro de Baronceli, agasallei ao doutor cunha desas obras, unha muller núa riscando petróglifos.
Sigamos co relato.
Posteriormente, despois do ano 1994, no eido arquitectónico e urbanístico foi creada unha Comisión de Patrimonio do Concello de Cangas da que formei parte como vogal, xunto con outro arquitecto, historiadores, persoas da cultura e aparelladores do lugar, con anterioridade ao desenvolvemento e aprobación do PEPRI no ano 2000. Unha comisión sen ánimo de lucro que permitiu un asesoramento de xeito provisional, no referente ás obras de intervención no casco histórico de Cangas.
Non sería posible descubrir nen interpretar esta estratigrafía amosada na cata arqueolóxica realizada nas paredes das casas e no estudo da arquitectura popular que describe a disposición dos sedimentos existentes antes do ano 1994, data da publicación do primeiro e actual planeamento urbanístico de Cangas, un traballo colaborativo no eido arquitectónico e na valoración e interpretación do noso patrimonio tecnolóxico e cultural.
A implicación era tal que o meu amigo arquitecto e máis eu levantamos planos tipolóxicos da arquitectura do núcleo histórico da vila de Cangas, coa disposición das escaleiras, como tamén o fixemos cos muiños das diferentes cuncas fluviais do concello de Cangas a finais dos anos oitenta.
https://www.facebook.com/AC-Cacarexo-481217891925409/
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no001.pdf
Por esas datas, na liña do tempo, aparece unha chave que adquirirá grande importancia na comunicación e que permitirá abrir as bibliotecas e os museos da arqueoloxía e da arte humanas, o selo do coñecemento, escrita no código binario da luz e da tebra.
Esta chave adquiriu importancia na manifestación popular do 8 de marzo do ano 2020, a raíz dos acontecementos relacionados coa loita pola vida.
https://hacialahuelgafeminista.org/argumentario-8m-2020/
Nunha prospección arqueolóxica vertical coma o telón dun escenario, a miña equipa e mais eu trazamos con liña unhna cuadrícula binaria de 841 unidades e realizamos as catas necesarias sobre o paramento das tebras, para acceder ós sustratos e e capas que alumbrou finalmente algo inesperado en lugar de barro cocido, quedou á vista a materia da tecnoloxía vital, a tecnoloxía para a creación do niño, a tecnoloxía téxtil.
Eran unhas simples canas debaixo do morteiro de cal e area.
Temos algun documento fotográfico no que quedou constancia dese proceso de excavación.
https://tecnoloxiatextil.blogspot.com/
Teño que dicir tamén que non sería posible descubrir nen interpretar esta estratigrafía amosada na cata arqueolóxica realizada nas paredes da casa e da arquitectura popular que describe a disposición dos sedimentos existentes de non ser polo código popularizado no ano 2020 pero que xa existía con anterioridade.
Sabedes que levamos a chave no peto, a Pedra de Rosetta, por eso estamos agora inmersos neste relato.
https://es.wikipedia.org/wiki/Piedra_de_Rosetta
https://es.wikipedia.org/wiki/Google_Lens
O acendido e o apagado, os unos e os ceros xa nos son familiares, nos tecidos e nas matemáticas, na Revolución Industrial e na Revolución Dixital.
https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_Industrial
https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_digital
https://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%B3digo_QR
Este achado arqueolóxico rexistra intacta a materia vexetal da nosa historia.
A equipa reanuda a tarefa da prospección que principiara e procura fondos e documentación en arquivos e museos sobre outros achados similares para centrar a investigación.
https://m.riunet.upv.es/bitstream/handle/10251/101198/Art.%2032%20269-276.pdf?sequence=1&isAllowed=y
https://www.isime.it/wp-content/uploads/2022/01/F.Martinez-Martinez-Antologia-de-textos.pdf
Neste tempo, tivemos acceso a un libro publicado no ano 1883 ” Novísimo manual práctico de las construcciones rústicas o guía para los habitantes del campo y los operarios en las construcciones rurales”.
https://upcommons.upc.edu/handle/2117/376617
E contemplamos a arte da tabiquería e do falso teito na modificada tecnoloxía do pallabarro.
https://ifc.dpz.es/recursos/publicaciones/27/24/_ebook.pdf
https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/915751.pdf
https://zaguan.unizar.es/record/124477/files/TESIS-2023-043.pdf
http://132.248.9.195/ppt1997/0077316/0077316.pdf
Eu estaba moi interesado e nesitaba recuperar dalgún xeito está vella tecnoloxía sustentable.
As canas son un material de construcción, materiais pertencentes a etnografía e agora desprezado polas ideoloxías da protección do medio. A cultura nace do cultivo e o servizo das servidumes. As ideoloxías crean os terreos incultos e o medio cambia co ideario do poder.
Case a escondidas collín a fouce oxidada e nunha pedra de amolar xa esquecida no marco dunha leira saqueille fío. Pasei o dedo sobre a gume e comprobéi que xa estaba ben afiada.
Fun ao canaval da leira de Borreiros, porque as leiras tamén teñen nome, e chaspodei as canas como para facer unha sebe despois da sementeira. Fixen un feixe atando cunha pola de vimbieiro e regresei á casa.
Xa na casa, o que fixen foi fender as canas cunha navalla ben afiada. Escachei tamén algunhas como se facía antes para facer canizos coa trama das canas rachadas tecida sobre a urdime dos fungueiros.
Cravei con cravos de zapateiro que gardaba das cousas herdadas do meu pai aquelas canas fendidas naquel taboleiro, e logo tapei con morteiro de cal e área as canas abertas á metade. Pintei de negro o paramento.
Decateime que estaba recuperando e recreando para a Arte unha técnica esquecida, agochada nas paredes divisorias das partillas das herdanzas nunha casa de patín de Cangas.
Quedaba agora unha derradeira parte na busca, facer as catas arqueolóxicas excavando no fragmento de tabique co paramento pintado de negro.
Con liña de cannabo do meu pai e un lápis de carpenteiro do meu avó debuxei unha cuadrícula e escavei como fan os mesmos arqueólogos e o que resultou foi o que agora estades a contemplar.
O código das estratigrafías.
As canas das frautas, as canas dos tutelos, as canas dos canizos, as canas das viñas, as canas dos panterlos, as canas das sebes. as canas das canicelas, as canas das canles, as canas das canastas, as canas dos canastros, as canas de forrar as garrafas, as canas das estremeiras do minifundio, as canas das particións das herdanzas, as canas da pesca, as canas das frautas de Pan.
O cálamo de cana da escritura cuneiforme da nace a cultura.
https://academia.gal/dicionario/-/termo/panterlo
As sebes de canas.
Capítulo II
A CHAVE DE CANGAS
Como xa sabedes, no ano 1990, despois daquela viaxe a ultramar do Caribe, traballei na exposición "PERCIBIR, NIVEL MÚLTIPLO" que tivo lugar na Casa da Cultura de Cangas.
Esta expoción de arte total, estaba formada por obras realizadas en diversas disciplinas e na tecnoloxía e destacaba o tema do mundo mariñeiro e da arquitectura popular e de autor.
Daquela, o meu profesor de Matemáticas de BUP, no Instituto de Bacharelato de Rodeira, impartía a materia con libros en portugués, e eu como galego diverxente de nacemento estaba interesado na cultura do país viciño e nese momento o mestre era estudante de Arquitectura e tiñamos conversas sobre Xeometría e Arquitectura, e rematei totalmente fascinado pola Toponímia, unha disciplina relativa ao nome dos lugares como verbalización do acoutamento e apropiación do Territorio.
Lembro conversas sobre a orixe do nome de Cangas e el sostiña que estaba relacionado coa parte do carro denominada Canga.
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/canga
https://digalego.xunta.gal/es/termo/12095/canga
https://es.wikipedia.org/wiki/Canga
https://www.rae.es/tdhle/canga
https://egu.xunta.gal/es/termo/93981/canga
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/system/files/O-CARRO-GALEGO.pdf
https://gl.wikipedia.org/wiki/Carro_galego
https://www.celtiberia.net/es/conocimientos/?idp=8992
https://www.tecnoloxia.com/carro/anlisis_tcnico_del_carro.html
https://www.largallegosevilla.com/2012/10/05/un-carro-cargado-de-historia/
https://anthropotopia.blogspot.com/2015/12/el-carro-gallego.html
Os aparellos do transporte ou da pesca.
https://digalego.xunta.gal/es/termo/4239/angarellas
https://academia.gal/dicionario/-/termo/angarello
Dende a orixe e ensoñación Célta producto do Romanticismo e do ideario sensible de Rosalía de Castro, pasando por Castelao de Rianxo comunicándose a través da imaxe, nacía o relato do nacionalismo galego.
Lembro o naufraxio do San Martín o 25 de agosto do ano 1977.
https://elpais.com/diario/1977/08/26/espana/241394425_850215.html
https://elpais.com/diario/1977/08/27/espana/241480817_850215.html
https://elpais.com/diario/1977/08/28/espana/241567213_850215.html
Como eu amosaba moito interese nas tecnoloxías téxtiles, froito da diverxencia necesaria e nunha conversa co meu profesor saíu o tema dos barcos de vimbio e quedamos para ir un día a falar co director do museo de A Coruña, aproveitando a grande amizade que existía entre esta persoa e o meu profesor de matemáticas.
Collemos o autobús e marchamos cara a cidade herculina para visitar o museo arqueolóxico e pasamos a noite na casa do seu amigo.
https://www.felipesenen.gal/index.asp?registro=23
https://gl.wikipedia.org/wiki/Felipe_Sen%C3%A9n_L%C3%B3pez
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2005/10/05/30-anos-barco-borna-18280902.html
https://museos.xunta.gal/gl/museos
Foi certo, se queredes, podedes facer unha visita virtual ao Castelo de San Antón.
https://estaticos.coruna.gal/sananton/
As funcións vitais son, básicamente, a nutrición, a reproducción e a relación. Sobre todo son estas as accións da vida as que fan nacer a sociedade e a cultura. Os procesos de sedentarización das sociedades nómades centraron o meu interese e lembrei a sociedade fenicia en particular.
https://www.worldhistory.org/img/r/p/1000x1200/4992.jpg.webp?v=1746904325
Os fenicios, nomades polos roteiros da costa e as xentes do noroeste de Europa tan relacionados entre eles aportaron novos contidos cos que traballar máis aló da Gallaecia e da Bretaña.
Na antiga Crecente Fértil
https://gl.wikipedia.org/wiki/Crecente_F%C3%A9rtil
https://www.worldhistory.org/trans/es/1-17/creciente-fertil/
E nas Terras Prometidas, terras baixas, terras onde poder vivir, asentamentos humanos onde desenvolver as funcións vitais.
https://www.gotquestions.org/Espanol/cananeos.html
https://deroteirosederibas.blogspot.com/
Lembro que fai un tempo, mercara o Curso de Deseño Gráfico de Edicións Orbis e no volume II chamou a miña atención o que contemplei nas páxinas 113 a 115 relativo ó nacemento do alfabeto.
O acto de observar onde a imaxe varía o grao de iconicidade dende o máis figurativo ao máis abstracto xeraba as escrituras na comunicación visual e o sonoro o acto de nomear.
Fai dous anos eu xa creara un relato da memoria colectiva como obra plástica coa intención de ser depositada na Biblioteca das Madeiras do Mundo e que eu denominei O BOI E A CASA, pola relación entre o proceso de sedentarización das sociedades nómades e o nacemento da representación grafica e plástica na comunicación, obra que podedes contemplar físicamente e virtualmente.
https://oboieacasa.blogspot.com/
Como toda obra creativa ten diferentes estratos derivados das referencias e o código compartido e considerando tamén unha percepción nun nivel múltiplo podemos concluir que todo está relacionado nente complexo habitable.
Penso que unha actitude diverxente é fundamental no mundo da creación e no control dos procesos creativos das sociedades humanas.
Se estades interesados e buscades na rede, podedes atopar algunha copia dos gráficos explicativos nunha páxina web deseñada a partir dun corta e pega do documento que aporta o Curso de Deseño Gráfico ao que podedes acceder visitando a seguinte ligazón.
https://likeyoulab.com/origen-del-alfabeto/
https://webdelalbum.org/wp-content/uploads/2021/01/El-origen-del-alfabeto-ALBUM.pdf
https://es.wikipedia.org/wiki/Alfabeto_r%C3%BAnico
https://mundovikingo.com/las-24-runas/
https://es.wikipedia.org/wiki/Futhark_joven
https://eldrakkar.blogspot.com/2010/03/futhark.html
https://www.worldhistory.org/trans/es/1-17094/runas/
https://benerososantos.es/wp-content/uploads/2024/05/BLANCO-FREIJEIRO-et-alii-Los-fenicios.pdf
https://www.academia.edu/44138902/Colonias_Fenicias_Casas_y_la_CASA_como_instituci%C3%B3n
https://artehistoriaestudios.blogspot.com/2017/11/capitulo-16-los-fenicios.html
https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000057566_spa
Nesa época da miña vida na que comezei a interesarme pola disciplina da Toponímia e tamén pola da Etimoloxía, a orixe das palabras, non facíamos outra cousa que devorar libres escritos en Latín e en particular o Tumbo A da Catedral de Santiago.
Con todas estas hipóteses e teses fervendo na miña mente, lembro que cando era estudante de Arquirtectura e Urbanismo, entrei no Kiosco Alfonso, un edificio emblemático da cidade herculina un domingo calquera e que había unha exposición da Cartografía de Galicia unha materia de grande interese para a miña formación como arquitecto urbanista e rematei mercando o catálogo.
Lembrei algo do vello catálogo, baixei de dous en dous os chanzos das escaleiras á biblioteca que existe no soto da casa, procurei nos estantes, atopei o catálogo e ollei con presa todas as páxinas do libro.
Detiven a mirada en catro cartas náuticas do entorno da ría de Vigo que me chamaron grandemente a atención e fixen a montaxe deste video revelador e suxestivo ao mesmo tempo traendo aquel momento á memoria.
Abriu diante de min unha porta cara un mar de posibilidades.
CARTOGRAFÍA DE GALICIA1522-1900
INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL
INSTITUTO DE COOPERACIÓN IBEROAMERICANA
Agencia Española de Cooperación Internacional
ISBN 84-7819-010-4
Depósito Legal M. 7.772-1989
2 GALICIA, costa. Cartas náuticas. 1605 Páx 158
4 GALICIA. Cartas náuticas. 1666 Páx 161
13 GALICIA, costa. Cartas náuticas 1700 Páx 172
17 VIGO (Puertos), Cartas náuticas 1702 Páx 177
Tamén había na exposición cartografía co nome de Cangas, como por exemplo a de Vicente Tofiño do ano 1787.
Na páxina 48 atopamos cartografada a Ría de Vigo e podemos observar en detalle o plano da vila de Cangas.
https://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000000294
Eran toponímias diverxentes, algo extrañas, escritas sobre o territorio de Cangas do Morrazo.
De súpeto aquelas cartas náuticas aportaban unha nova liña de investigación.
A vila de Cannas, A Punta, B de Cannas e C Cannas. Moi interesante toponímia para unha cartografía do ano 1700.
As preguntas eran o importante nas descubertas.
Na web, escribín a palabra Cannas na procura de información e apareceu unha tal cidade en Italia, na rexión da Apulia na que tivo lugar a Batalla de Cannas.
https://2gpu.wordpress.com/cannas/
E seguidamente escribín en francés Cannes e resultou que son sinxelamente canas.
https://es.wikipedia.org/wiki/Festival_de_Cannes
https://maps.app.goo.gl/61aVvwzJbqxUL5ju7
Pero, por qué hai tantas Cannas e canavales?
Canellas, Cañellas, Canyellas, Canyelles, Cang(ell)as, Canga(lla)s, Canelas...
A primeira hipótese que barallei era que tal e como se vai transmitindo e interpretando a pronuncia, xera unha nova lingua. O Galego é un erro máis na pronuncia da liña historica dunha mesma ou varias linguas orixinarias que serviron para a comunicación falada.
Este foi o primero contacto co problema.
Que a chave da estratigrafía estivera nas mutacións do grupos consonánticos nn>, nh>ñ, ng>n
https://bibliotecadigital.jcyl.es/es/consulta/registro.do?id=714
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/download/152/148/64?inline=1
O que faltaba, Cangas e Cannas parecían ser a mesma palabra en diferentes estadios da mutación linguística fillas das viaxes fenicias e das golas varadas nas xunqueiras, terras baixas, nos areais con canabales ou cannavales.
Fillas das imposicións fonéticas e das diferentes etapas de normalización das linguas por parte do poder establecido e controlador, eliminando a diversidade necesaria na vida.
https://es.wikipedia.org/wiki/Cana%C3%A1n
https://es.wikipedia.org/wiki/Can%C3%A1_de_Galilea
https://es.wikipedia.org/wiki/Qana
https://bibleatlas.org/cana.htm
Nese momento comezei a pensar na hipótese de que as diferentes Cannas foran asentamentos fenicios, terras de Canaán, pero eso había que demostralo nunha obra literaria. Onde hai canas hai asentamentos antiguos.
https://es.wikipedia.org/wiki/Arundo_donax
As canas das viñas, as canas dos canizos, as canas das cancelas, as canas dos canastos, as canas dos cangazos, as canas dos angazos, as canas dos tutelos, as canas das frautas e asubíos, as canas do Oil on Canvas que non é outro que o óleo sobre canuas ou canas.
Estaba tan metido no relato que fixen un tutelo de cana, lembrando aquela infancia na que eu collía os froitos das silveiras no Carreiro da Paraisa e espremía o zume que refrescaba as sedes.
Canizos de vimbio nun carro galego.
As mudanzas fan sempre ricas ás linguas e os erros na pronuncia son as accións externas que orixinan os estráctos que a normalización linguística homoxeniza, anulando a diversidade vital.
Equilibrio na diversidade por sempre, eliminando a igualdade e os procesos de control por parte do poder inútil sen servizo.
https://www.worldhistory.org/trans/es/1-162/canaan/
Unha carta holandesa da batalla de Rande obra de Peter Schenk do 1702 na que o Latín era a lingua franca neses tempos. Escrito sobre o lugar entre ambos dous ríos estaba escrito un nome, o nome rotulado era Cannas.
Procurei algo sobre a historia de Cangas e mesmo e apareceu por casualidade a carta náutica do ano 1702 nunha ligazón da rede.
https://cangas.gal/sites/default/files/inline-images/mapa1706.jpg
Tamén podedes contemplar aquí a mesma imaxe.
Os novos datos cobraban importancia e comezei a conectar toda a información tentando escribir un guón para unha curtametraxe documental relacionada co mundo da pesca e dos fomentadores cataláns na comarca do Morrazo.
Nunha mañá de domingo, na que coincidía na mesma efeméride a celebración do Día de Rosalía e o día da memoria do Golpe de Estado do 23F e como eu sempre estivera interesado na representación do territorio e nas artes de pesca, entrei no número que actualmente pertence ao Museo MASSÓ en Bueu.
Entrei, en frente había un traxe de buzo e unhas escaleiras de madeira que estaban á esquerda, subí e entrei pola porta de duas follas en branco e con dous ollos de boi, acenderon automáticamente as luces e comezei a percorrer a sala da planta primeira, onde contemplei moitas pezas relacionadas coas mavegacións.
https://museos.xunta.gal/gl/museos
No fondo da sala reparei nunha vitrina.
Un libro aberto na páxina número 122.
Había un gravado que amosaba unha carta náutica da ría de Vigo, obra de Antonio de Maris Carneiro REGIMENTO DE PILOTOS E ROTEIRO DAS NAVEGAÇOENS DA INDIA ORIENTAL do ano 1642 e figuraba o nome de Cannas rotulado sobre a península do norte da Ría deVigo.
A miña mente sorprendeuse unha vez máis.
Visitade virtualmente se non podedes ir a o museo de Bueu e veredes que digo o que realmente eu contemplei.
https://my.matterport.com/show/?m=CwpHZ4MQs19
Procurei tamén información na Internet e atopei o roteiro coa mesma documentación xa dixitalizada.
Aquí tendes o que eu vin na web, podedes contemplar o documento na seguinte ligazón.
Outra vez o nome Cannas na Gallaecia.
Abrín as páxinas do libro dixitalizado e cando cheguei á páxina número 122 puden contemplar o mesmo plano que hai no Museo Massó de Bueu.
Todo comezaba a ter sentido.
Capítulo III
A HIPÓTESE E A TESE
O NOME DE CANNAS
Daquela, falei con diversas persoas expertas na língua da Gallaecia.
Pero non hai moito que saber, todos andaban atrapados na ideoloxía céltica moi poucos defendían a tese palestina.
https://oestrymnio.blogspot.com/2012/02/historia-de-galicia-v-la-edad-del.html
https://pdfs.semanticscholar.org/fd94/cbd10aa5cbcd449e6f9d22014f41feb75ef2.pdf
https://revistas.usal.es/uno/index.php/0514-7336/article/view/8376/8967
https://minerva.usc.gal/rest/api/core/bitstreams/3531574e-0a65-427b-83bc-c4317f69a4ff/content
https://legionixhispana.com/2019/01/11/monte-facho/
En primeiro lugar, quería traer da memoria a orixe e as formas desta toponimia suxestiva que se recolle nalgunhas cartas náuticas dos séculos XVII e XVIII e tamén en documentos anteriores, como o do ano 1401 onde aparece este topónimo como apelido.
https://apelidosgalicia.org/cannas-5605
"Testibus Luppo Garsie cardinali, Johanne Fernandi de Cannas canonicus, Alfonso ..."
https://webs.ucm.es/BUCM/tesis/ghi/ucm-t30274.pdf
Carta náutica do ano 1605 na que figura o nome de Cannas.
Carta náutica que se recolle na obra de Antonio de Maris Carneiro REGIMENTO DE PILOTOS E ROTEIRO DAS NAVEGAÇOENS DA INDIA ORIENTAL do ano 1642 na que figura o nome de Cannas.
Existe un exemplar depositado no Museo MASSÓ en Bueu aberto na páxina número 122.
O topónimo Cannas aparece en latín, lingua franca da época no Imperio da Hispania, tal como o subtítulo da mesma carta.
Existe unha anotación no Arquivo Histórico Nacional relativa ao "Expediente de clasificación de jubilación de José Alan de Cannas, Oficial de los Cargadores Especiales" do ano 1870 no que aparece o mesmo topónimo como apelido.
https://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/description/1834543
Anotacións e anotacións nos cadernos.
Canhas (P), Cañas (C), Canas (G) e Cangas (G) son unha mutación fonética do grupo xeminado "nn" como nasal alveolar, procedentes da orixinaria Cannas (L), polo que non é arriscado dicir que no Morrazo daquela antiga Gallaecia, ou dende o Reino Suevo ate chegar a tempos máis modernos o topónimo Cannas (L) derivou en Cangas (G ou A).
Véxase a derivada fonética entre "uña" (C e G) e "ungula" (L), "teño" (G) e "tengo" (C), "teñir" (C) e "tinguere" (L), "tinguir" (G), "tañer" (C) e "tangere" (L), "ceñir" (C) e "cinguir"(G), Moaña(C) e Moenga(G) ou a do termo "niñunha" empregado en A Garda equivalente a "ningunha", onde aparece a relación fonética do ñ e o ng cos grupos iniciais nn ou nh tal como se pretende aplicar a Cannas (L), Canhas(P), Cañas (C) e logo a Cangas (G ou A).
Unha conexión similar é a do grupo gn e o ñ como ocorre en Lignun (L) >Leña (G e C) ou Spagna (F) >España (G e C), entre outras que apoiaría a hipótese.
Sobre a grafías V, U, W, G e a Teoría de Procesos referida ós erros n>a transmisión da fonética e da fala son de Cannas, Canvas, Canuas, Canhas, Canas, Cañas, Cangas como por exemplo ocorre co nome de orixe sueva Wimara>Vimara>Uimara>Guimara>Guimera, Guimeráns, Vimaraes, podemos afirmar que a V pasa a ser unha G.
Observade as relacións:Teneo>(Tenno>Tenho)>Teño>Tengo e familia,
Venio>(Venno>Venho)>Veño>Vengo e familia,
Pono>(Ponno>Ponho)>Poño>Pongo, Supoño>Supongo e familia.
A derivación e mutación da fonética entendida como o estudio dos erros na pronuncia.
Non son regras, son tendencias ou variantes, son procesos de cambio.
http://aliso.pntic.mec.es/agalle17/latin/verba/leyes.html
As cangas son canas que se colocan nas cubertas de palla ou colmos, tal como se fai na armazón das viñas, actualmente é un material de construcción pobre relegado a usos menores, pero que se atopaba dun xeito fácil no entorno rural das zonas húmidas.
Existe outro asentamento humano co nome de Cannas, e o paralelismo é moi suxestivo, tanto na localización como noutras circunstancias históricas.
Etimoloxía.
Cana procedería do latín canna, do hebreo Qanah, qaneh e do Asirio Qanu e, temos tamén do greco antigo κάννα (kánna "xunco", "cana"), este procedente do acadio kanū, e aquel do sumerio gin.1
https://es.wikipedia.org/wiki/Cannas
https://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Cannas
A Botánica e o nome dos lugares, coñecida como Fitotoponimia estudada por Frei Martín Sarmiento e recentemente traballada polo profesor Navaza.
Esta é a hipótese mais interesante e ate o de agora non estudiada para o nome de Cangas.
Canaval, Salgueiro, Souto, Carballal, Alvedro, Xunqueira, Aveleiras, Sobral, Cebreiro, Maceda, Carballeda, Bouza, Nabal entre outras.
https://www.farodevigo.es/sociedad/2007/01/15/botanica-conquista-mapa-18168835.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Gonzalo_Navaza
https://www.facebook.com/gonzalo.navaza
E tamén podedes incluir na Fitotoponímia os lugares denominados Cangas.
Decidín axendar algunha data para contactar co profesor Navaza e falar do tema pero non apoiaba a tese que eu lle presentara.
No aspecto botánico, a cana ou colmo é o nome que recibe a palla de certas gramíneas que teñen o talo con ocos e nos, tal como o Arundo donax.
Se Arundo é o antigo nome da cana en latin. Mirade a seguinte reflexión que aparece na web identificando A aru como lugares poboados de canas, idóneos para a caza e a pesca.
https://es.wikipedia.org/wiki/Aaru
Se trata dunha denominación de certas gramíneas ou cereáis e tamén se pode chamar culmo ou colmo.
https://es.wikipedia.org/wiki/Arundo
https://www.lifeder.com/arundo-donax/#:~:text=H%C3%A1bitat-,A.,son%20sensibles%20a%20las%20heladas.
http://antropocene.it/es/2019/07/02/arundo-donax/
O valor da cana está relacionado co seu emprego como material de construción en arquitectura, nas sebes, na enxeñería hidráulica, no agro e no mar.
Pola sua capacidade reproductiva é moi invasiva e eso explica o seu emprego en canizos dos carros, canizo na construcción de paramentos verticais e horizontais de vivendas, colmado de teitos, armazón das viñas, tecidos, sebes, canecas, canles de tubería de cana que un rapaz fixera na Marrúa de Moaña, cangilóns, panterlos, cálamos, instrumentos musicais e outros elementos de uso cotiá.
Escoitei fai anos unha historia moi suxestiva, un día cando eu acompañara ao meu pai a un taller de coches no lugar de A Marrúa, no concello de Moenga>Moeña>Moaña.
Un constructor dese lugar de A Marrúa, nos contou a meu pai e a min que cando era neno fixera canles de canas furadas cun arame, e conectara unhas con outras para traer a auga dende un manancial que había na zona facendo unha fonte onde coller auga coas cuncas das mans. Nese mesmo lugar medrou un canabal e seguía a sair a auga pola canle das canas enterradas que permanecían vivas.
Fermosa historia.
https://gl.wikipedia.org/wiki/A_Marr%C3%BAa,_Moa%C3%B1a_(Virxe_do_Carme),_Moa%C3%B1a
https://digalego.xunta.gal/es/termo/48169/panterlo
http://avesmundi.blogspot.com/2010/11/o-panterlo.html
https://worldofdictionary.com/dict/latin-english/meaning/canica
https://es.wikipedia.org/wiki/Cangil%C3%B3n
https://es.wikipedia.org/wiki/Qanat
https://es.wikipedia.org/wiki/Cancela_(verja)
https://es.wikipedia.org/wiki/Ca%C3%B1a_(vegetal)
https://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1lamo
Toponimia e onomástica relacionada ou o que se da en chamar Fitotoponímia.
https://toponimia.xunta.gal/es
Praia do Canabal, San Pedro do Canaval, Canelas, Cancelas, Canella, Canyellas, O Cangallón, A Cañiza, O Canizo, Canastro, Cangostra, Congostra, Canón, Canle, Cangas.
https://apelidosgalicia.org/canabal-198
https://foros.xenealoxia.org/viewtopic.php?t=1815
https://toponimia.xunta.gal/gl
https://www.xunta.gal/toponimia-e-nomenclator?langId=es_ES
https://academia.gal/dicionario/-/termo/canga
https://digalego.xunta.gal/es/termo/12106/cango
https://www.rae.es/tdhle/cango
https://ilg.usc.gal/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=Cangrio&tipo_busca=lema&lang=gl
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/download/152/148/64?inline=1
https://digalego.xunta.gal/es/termo/12096/cangado
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/quenlla
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/cangalleira
https://www.rae.es/tdhle/congostra
https://pt.wiktionary.org/wiki/cangosta
https://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=1998
https://www.aelg.gal/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor15/PT_paratext3588.pdf
http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/5252d378ef038-biblioavanzada49.pdf
A Xeometría, a forma e a construcción.
Unha media cana cortada ten a forma dun arco, canón, canle, congostra, cangostra, quenlla, canica, canecillo, cangos, cangalleira, sobra dicir que a canga ten forma de arco ou pode asimilarse a unha acanaladura. Cañada tamén afondaría na relación con canle, camiño ou rego. Mesmo o Cangilón (C) e Canalón poden nacer da asimilación visual a unha cana cortada. Cañería (C), Canecillo (C), Cañota (G).
https://huellasdearquitectura.wordpress.com/2017/04/10/cubiertas-de-paja-de-cana-o-de-palma/
https://buleria.unileon.es/bitstream/handle/10612/6131/TESIS%20DE%20ELOY%20ALGORRI.pdf
https://www.rios-galegos.com/venosg12.htm
https://huellasdearquitectura.com/2017/04/10/cubiertas-de-paja-de-cana-o-de-palma/
https://www.etymonline.com/es/word/canal
O seguinte documento, relativo á enxeñería dos teitos nas construccións tradicionais e nas parras, aclara a razón da existencia de tantos e tantos canvales ou canabales dende a antigüidade.
https://riunet.upv.es/bitstream/handle/10251/101198/Art.%2032%20269-276.pdf?sequence=1
Hipótese fonética.
Sobra dicir que na fonética o cambio pode ser unha ciencia.
Niñunha, ninhunha, ninghunha, ningunha. Miño, Minho. Canella, Canyella, Quenlla, Cannas, Canhas, Canghas, Cangallas, Cañas. Canelo, canoa, cancela, cangallo.
Vinna (L)>viña (G). Anno (L)>Año (C). Cunnus (L)> Coño (C e G). Agnus (L)> Año(G). Damnum (L)> Dano (G)>Daño (C). Signa (L)> Seña (C). Tangere (L)> Teñir.Teño (G)>Tengo (C). Veño (G)> Vengo (C).
Familia léxica de canna.
https://www.um.es/lexico-comercio-medieval/index.php/v/lexico/21411/canna
https://www.um.es/lexico-comercio-medieval/index.php/v/l/ca%C3%B1amazo
A orixe aceptada.
Se queremos pescudar noutras orixes máis coñecidas ou máis aceptadas polos linguístas, podemos ter en conta ás teses de Varela sobre o nome de Cangas.
https://digalego.xunta.gal/gl/termo/12095/canga
https://gl.wikipedia.org/wiki/Cangas
http://contenidos.educarex.es/mci/2002/25/secc31/01agricolas/cereales.htm
https://blogosferia.wordpress.com/2018/09/05/canga/
https://dicionario.priberam.org/cangalha
https://academia.gal/dicionario/-/termo/quenlla
https://academia.gal/dicionario/-/termo/calexa
Con unha interesante discusión entre entendidos na que se achegan diversas hipóteses.
https://www.celtiberia.net/es/conocimientos/?idp=2533
https://reunido.uniovi.es/index.php/RFF/article/download/506/494
http://etimologias.dechile.net/?canica
https://es.wikipedia.org/wiki/Cr%C3%B3nica_albeldense
http://www.academiacanarialengua.org/palabra/cango/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Grade
Na crónica Albeldense xa se menciona co nome Canicas a Cangues d'Onis, tamén ocorre que se menciona Cannas nas cartas marinas holandesas dos séculos XVII e XVIII para referirse á vila de Cangas do Morrazo, sen esquecer que existía unha poboación fluvial da Apulia en Italia denominada Cannas.
Na toponimia asturiana, vencellada á galega, aparece a hipótese de Cannas como orixe de Cangas.
https://mas.lne.es/toponimia/index.php?leer=434
Onomástica.
Tamén podemos incluir o topónimo Cannes (Canas, Cañas) do século XI, deriva de Canuas (Probablemente relacionada con Canvas, co significado de canizo ou tecido forte) do século X e este do latín Cannas.
https://es.wikipedia.org/wiki/Cannes
A derivada en catalán do fitotopónimo Cannas é Canyas (Cangas).
Está a nacer tamén no mundo audiovisual o denominado Festival de Cannas.
As cannas adoitan medrar perto dos regos, nos sulcos de auga, nas zonas húmidas, na zonas fluviais, na beira dos areais ou nas zonas inundables polo que esta hipótese cobra certo sentido.
De xeito humorístico, podemos aportar que foi moi popular en Cangas do Morrazo a expresión "Se esto non se amanha, canha, canha, canha" polo que se extrae que esta é unha zona moi canheira, é dicir, un lugar donde hai moitas canas, un canabal.
Canudo ou canedo.
https://www.canedo.eu/canedo/apellidoCa.html
Tamén podemos relacionar cana con canal, quenlla, con rego ou con sulco.
Capítulo IV
ESTRATIGRAFÍAS
Os outros arquivos de Cangas.-
a) Catastro marqués de la Ensenada.
b) A pesca.
c) Os camiños, as sebes e os valados.
d) O Urbanismo de Cangas dende o ano 1994.
E podemos acceder nesta viaxe na estratigrafía ao inventario do planeamento da Galicia con esta ligazón.
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/inventario.php
Cangas de Morrazo.
Normas Subsidiarias de Planeamento.
Sabedes porque no texto da actual normativa aparece o termo ferrado referente á historia de Cannas?
Podo contarvos unha historia.
Cando estabamos a traballar de xeito colaborativo co equipo redactor do planeamento de Cangas tiven a idea de introducir unha referencia ao patrimonio linguístico e a antropoloxía na normativa urbanística no apartado da superficie mínima da parcela tipo do mundo rural.
"SNUN
Superficie mínima: 472 m2. (1 ferrado).
SNUA
Parcela mínima: 708 m2. (1 ferrado e medio).
SNUN+
Superficie mínima: 944 m2 (2 ferrados)."
Nº 236 — Lunes 12 diciembre 1994 BOLETIN OFICIAL DE PONTEVEDRA 75
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no006.pdf
As diferentes tipoloxías de parcela mínima tipo segundo as ordenazas estan relacionadas coa documentación das partillas da terra, dos cupos e das escrituras da propiedade. Había unha relación entre varas ou ferrados trasladados ao sistema métrico decimal. Un documento historico coñecido, mencionado anteriormente, o Cadastro do Marqués da Enseada traía a referencia precisa da equivalencia.
https://www.ine.es/prodyser/pubweb/censo_ensenada/Censo_Ensenada_T4.pdf
https://gd.aragon.es/cgi-bin/IDOT/BRSCGI?CMD=VEROBJ&MLKOB=1233351344040
Escribo literalmente.
"A la novena dixeron que la medida que usa el Común de esta villa y este término es con el nombre de ferrado, y cada uno tiene de circunferencia de su cuadro treinta y dos varas de trece palmos cada una que reducidas a la medida castellana, componen ciento y cuatro varas en circunferencia y cada cuadro veinte y seis varas castellanas, cuio ferrado de tierra para sembradura lleva otro tal de centeno."
Vara cadrada de 13 palmos.
Ferrado de 64 varas cadradas.
Un ferrado é un cadrado de sesenta e catro varas cadradas e ten un perímetro de trinta e dúas varas de trece palmos tendo en conta que unha vara de Castela no sistema antropométrico ten unha equivalencia de uns oitenta e catro centímetros no Sistema Métrico Decimal.
1vara=3pes=4palmos=0,83595m
1vara de 13palmos=13x0,20897625m=2,71669125m (a medida do remo)
8varas=8x2,71669125m=21,73353m
64varas cadradas=21,73353x21,73353=472,3463262609m2
1vara cadrada=7,3804113478265625m2
Sí, cadra todo tal e como dicían os medidores de leiras.
Impresionante.
https://es.wikipedia.org/wiki/Ferrado
https://www.um.es/lexico-comercio-medieval/index.php/v/lexico/15941/vara
Estas son tamén as estratigarfías da língua e da linguaxe urbanística.
A caixa do ferrado.
Dimensións do ferrado de Aldano.
Un prisma de madeira de volume capaz, que ten como base un trapecio rectángulo de superficie Sb=((0,535+0,450)x0,160)/2 en m2 e unha altura H=0,255m cun volume total V=0,020094m3 ou 20,094litros.
Hai máis.
https://luispastor.es/compartiendo/pdf/unidades-de-medida-by-luis-pastor.pdf
https://es.wikipedia.org/wiki/Antiguas_medidas_espa%C3%B1olas
https://nebra.es.tl/Medidas-tradicionales.htm
BOP
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no002.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no003.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no004.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no005.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no101.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no006.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no102.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no103.pdf
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745no104.pdf
Planos.-
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su002.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su003.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su004.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su005.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su006.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su007.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su008.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su009.jpg
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745su011.jpg
e) As mutacións na construción, arquitectura e territorio.
https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/19784/AmaroArea_CristinaM_TFG_2017_3.pdf?sequence=4&isAllowed=y
https://jucabuca.blogspot.com/2013/11/los-efectos-del-terremoto-de-lisboa-de.html
A aldea asulagada no areal de Barra, na cartografía dos roteiros marítimos coñecida como Baía de Cannas ubicada na actual parroquia de O Hio pode ser o hipotético asentamento fenicio de Cannas. Queda na palestra.
https://www.rae.es/diccionario-estudiante/barra
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=35971
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2020/05/30/barra-unha-aldea-engulida-pola-15187224.html
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2020/05/31/barra-unha-aldea-engulida-pola-15184548.html
https://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/535/527
https://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/download/535/527/609
https://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/find?d-2677838-p=1&archivo=9&nomAut=Zaragoza+%28Espa%C3%83%C2%83%C3%82%C2%B1a%29&idAut=83342&tipoAsocAut=1&idTP=-1&idFI=16&idD=N&idN=20
https://rochaforte.santiagodecompostela.gal/web/uploads/arquivo/arquivo/9be/52a5ee04f2-arquivos.pdf
https://www.ievigueses.com/storage/publicacions/July2018/glaucopis3.pdf
https://xenealoxia.org/registros/censos-y-padrones/1818-catastroensenadacangas?highlight=WyJkZSIsImRlamEiLCJkZWwiLCJkZXBlbmRlclx1MDBlMSIsImRlcG9zaXRhIiwiZGVzZGUiLCJkZWNlbmEiLCJkZWNpZGllcmFuIiwiZGVjaWRcdTAwZWRhbiIsImRlY2lyIl0=
https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_1998_Antropoloxia-Marineira.pdf